domingo, 15 de abril de 2018

CONCERTO NO PALACIO DA OPERA

O venres pasado asistimos ao noso primer concerto xuntos, que ademáis tiña como temática o CIRCO!!

Había paiasos, musicos, malabaristas, equilibristas...

Escoitamos melodías circenses, diferenciamos o son da trompeta, do acordeón, da bateria...
Non perdimos detalle, e pasamolo moi, moi ben!!



viernes, 13 de abril de 2018

MAIS PITIÑOS

Cantas emocións estes dias, cada mañá agardanos unha sorpresa na aula...

O xoves xa tiñamos dous pitiños fora da incubadora

E novos nacementos

Hoxe os catro pitiños andaban xa moi espelidos

Tivemos moitas visitas doutras aulas do cole, que querían coñecelos, e entre todos fixemos un listado de nomes
Ao final escollimos: Pirata, Pepe, Rogelio e Arco Iris

miércoles, 11 de abril de 2018

A GALIÑA FINA

O luns levamos unha sorpresa enorme!!!! A galiña Fina estivo na nosa clase:

Deixounos unha carta (e unha morea de plumas...) onde explicaba que tivo que marchar de viaxe e que por favor lle coidaramos os seus ovos, que ían nacer pitiños!!! Tamén nos deixou libros para saber como coidalos

Estivemos observando a incubadora con moito coidado, esta mañá xa empezaron a rachar os ovos, e esta tarde, TACHAN!!!

Naceu o noso primeiro pitiño!!!

Deixovos un video onde o podedes escoitar...

Continuará....

LETRAS GALEGAS

O mércores celebramos o "aniversario dos contos galegos". Este ano soprou as velas este libro de poemas de María Victoria More...