martes, 31 de octubre de 2017

SAMAIN

Asi de terroríficos estabamos hoxe!!   
Fixemos un desfile para apreciar mellor os disfraces

Baixamos ver a exposición de cabazas, da gusto velas!!!



Hai uns dias pintamos cabazas para decorar a clase.



Para rematar, deixamosvos alguns dos exitos que bailamos estes dias...


martes, 24 de octubre de 2017

DESCUBRIMOS O OUTONO

Esta mañá fixemos unha nova excursión polo cole. Queriamos buscar arbores para ver si xa caeran follas, como din que pasa no outono...

Baixamos por parellas, cos ollos moi abertos...


Ala no fondo, vese algo verde... algun queria escalar polas rochas!!
Menos mal que habia escaleiras! Subimos moi a modiño

Arbores!!!! E cantas follas polo chan!

Pasamolo moi ben xogando coas follas, caracois... E certo, é OUTONO!!

jueves, 19 de octubre de 2017

VISITA DUNHA MAMA EMBARAZADA

Como sabedes, xa iniciamos o noso proxecto "Medramos", no que aprendemos cousas dende o embarazo ata agora, que xa somos "maiores".

Hoxe visitounos a mamá de María, que está embarazada, e a nosa primeira visita do curso!


Preguntamoslle un montón de cousas que queremos saber:

Que comen os fetos?
Os papás ou os nenos poden ter bebes na barriga?

Por donde saen os bebés cando nacen?

María contestou a todas as nosas preguntas
E ademais...



Mostrounos a sua barriga

Colocou arredor un plastico cun feto pintado para poder visualizar onde esta

Contounos un conto donde un ginecólogo fai unha ecografia
 E para rematar, fomos darlle caricias ao bebé...
Canto aprendemos hoxe! Moitas grazas, Maria, e tamén a todos os que estades a traer materiais sobre o tema...

Por certo, novas ideas para o noso rincón do proxecto: gustarianos recopilar cousas que empregan os bebes: chupete, pañais, roupa de recen nado...

Ata a proxima!

martes, 10 de octubre de 2017

DESCUBRIMOS A BIBLIOTECA

Como xa estamos moi adaptados, hoxe fixemos unha pequena "excursión" polo colexio.


Primeiro fomos visitar a Rogelio, o conserxe do colexio.

Coñecemos o seu espazo de traballo, explicounos algunhas das suas tarefas:
 - chamar por telefono a nosa casa
-  abrir a porta e acompañarnos a clase
-  gardar os xoguetes e roupa que se perde...
-  arranxar cousas que se estropean

Grazas, Rogelio!!









E despois, ¡a biblioteca!



E moi grande e ten moreas de libros!!

Descubrimos onde están os que son mais axeitados para nos

Lembramos como hai que coidalos

E como hai que estar nunha biblioteca

E logo, ¡a ler!


Portámonos moi ben, e seguro que repetiremos!!!

miércoles, 4 de octubre de 2017

APRENDEMOS INGLÉS

A "teacher" Pilar xa estivo varias veces na nosa aula, veu acompañada de Dex, un dinosaurio bebé, ollade que ben o pasamos con él!





LETRAS GALEGAS

O mércores celebramos o "aniversario dos contos galegos". Este ano soprou as velas este libro de poemas de María Victoria More...