viernes, 18 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS

O mércores celebramos o "aniversario dos contos galegos". Este ano soprou as velas este libro de poemas de María Victoria Moreno.

Cantas cousas aprendemos sobre ela!!




Ademais, fixemos algunhas actividades conxuntamente con outras aulas:



Un ano máis, Jose, un pai do cole veu darnos un concerto de gaita e outros instrumentos de percusión





Acabamos bailando todos a muiñeira!
 E para rematar, o mercores tivemos unha sesión de contacontos no que participou todo o colexio. Os alumnos das aulas de maiores, contaron contos aos mais pequenos en distintos lugares do cole. Foi máxico!! Nos estivemos no patio verde


No seguinte enlace podedes ver un video con moitos mais amigos compartindo esta preciosa experiencia!


https://drive.google.com/file/d/1bsBBYZTRztLQlebxNzqCdy4tr-gjarSK/view?usp=sharing


jueves, 10 de mayo de 2018

VISITA Á FUNDACIÓN MARIA JOSÉ JOVE

O martes visitamos o museo da Fundación, foi fantástico!!!!

Patricia, a nosa guía, foi mostrándonos todas as personaxes que habitan no museo:

Pedrolo, unha especie de cangrexo xigante ao que fomos poñendo cara entre todos. Que contento está de vernos!
Acariciamolo moi suavemente, e descubrimos que é liso por un lado e moi rugoso por outra
Este é Pelopincho!!! Que raro...

Sara, amiga de Pelopincho, e moi, moi presumida!!

Visitamos a casiña-arbol onde durmen todos

E nos tamén probamos a durmir ali!!

Un cuadro durmido!!!! Pois ale, nos tamén deitamos a cabeza...
Percorrimos o laberinto e mesmo metémonos dentro, está cheo de espellos

Despois fixemos os nosos propios cuadros

E mostramosllos a Pedrolo, que está cansado de ver sempre os mesmos

E para rematar, cantamoslles a Iker e Julia Parabens polo seu aniversario
Mágoa que moitos amigos faltaron ese día ao cole! Pero podedes ir visitar a Fundación coa vosa familia!

viernes, 4 de mayo de 2018

AVES

A semana pasada veu visitarnos Roberto, o pai de Rodrigo Vidal, que veu contarnos cousas moi interesantes sobre as nosas amigas as AVES.



- Mostrounos distintos tipos de ás, según a sua función ou  o tipo de ave. Que suaves eran!
- Nunha presentación na pantalla tamén descubrimos, entre outras cousas,  que os picos das aves son moi diferentes: curtos, longos, ganchudos, finos... segun a sua alimentación
- Coñecemos os seus niños e mesmo tocamos un "reclamo": unha especie de silbato de madeira para falar coas aves!!
- E para rematar escoitamos un precioso conto de cantos de paxaros...

Moitas grazas, canto aprendemos!!!




LETRAS GALEGAS

O mércores celebramos o "aniversario dos contos galegos". Este ano soprou as velas este libro de poemas de María Victoria More...