miércoles, 11 de abril de 2018

A GALIÑA FINA

O luns levamos unha sorpresa enorme!!!! A galiña Fina estivo na nosa clase:

Deixounos unha carta (e unha morea de plumas...) onde explicaba que tivo que marchar de viaxe e que por favor lle coidaramos os seus ovos, que ían nacer pitiños!!! Tamén nos deixou libros para saber como coidalos

Estivemos observando a incubadora con moito coidado, esta mañá xa empezaron a rachar os ovos, e esta tarde, TACHAN!!!

Naceu o noso primeiro pitiño!!!

Deixovos un video onde o podedes escoitar...

Continuará....

2 comentarios:

  1. Danme pena os pitiños. Non sería mellor que os rapaces coñecerán aos animais no seu propio habitat?. Que viran aos pitiños comendo millo pola Eira e non nunha caixa?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Silvia: A idea é que teñan a experiencia de ver nacer un ser vivo, observar o seu crecimento, aprender a coidalos, establecer un vinculo afectivo cos animais para aprender a respetalos. Os pitiños estarán uns días con nos e moi pronto irán vivir a unha granxa, que como ben dis, é donde deben estar.E mentras tanto, coidamolos moi ben!!!

      Eliminar

LETRAS GALEGAS

O mércores celebramos o "aniversario dos contos galegos". Este ano soprou as velas este libro de poemas de María Victoria More...