jueves, 19 de octubre de 2017

VISITA DUNHA MAMA EMBARAZADA

Como sabedes, xa iniciamos o noso proxecto "Medramos", no que aprendemos cousas dende o embarazo ata agora, que xa somos "maiores".

Hoxe visitounos a mamá de María, que está embarazada, e a nosa primeira visita do curso!


Preguntamoslle un montón de cousas que queremos saber:

Que comen os fetos?
Os papás ou os nenos poden ter bebes na barriga?

Por donde saen os bebés cando nacen?

María contestou a todas as nosas preguntas
E ademais...



Mostrounos a sua barriga

Colocou arredor un plastico cun feto pintado para poder visualizar onde esta

Contounos un conto donde un ginecólogo fai unha ecografia
 E para rematar, fomos darlle caricias ao bebé...
Canto aprendemos hoxe! Moitas grazas, Maria, e tamén a todos os que estades a traer materiais sobre o tema...

Por certo, novas ideas para o noso rincón do proxecto: gustarianos recopilar cousas que empregan os bebes: chupete, pañais, roupa de recen nado...

Ata a proxima!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LETRAS GALEGAS

O mércores celebramos o "aniversario dos contos galegos". Este ano soprou as velas este libro de poemas de María Victoria More...